miércoles, 11 de octubre de 2017

Facendo pan

Hoxe todos os nenos e nenas elaboraron o seu propio pan. Viron que ingredientes leva, fixeron a mestura, amasaron a masa, fixeron os seus bolos e barras e, ao final comeron os mesmos co fiambre que trouxeron da casa. QUÉ RICO!.
Tamén levaron a cabo unha investigación paralela sobre o pan. Cando se empezou a facer pan, como se obtén a fariña, qué é un muiño, que é a levadura, etc. Elaboraron un traballo e un piccollage do pan. Foi unha mañá moi productiva.






No hay comentarios:

Publicar un comentario