miércoles, 11 de octubre de 2017

Ultramarinos

Hoxe comenzamos a traballar coa tenda ultramarinos. Os dous tendeiros tiveron que atender as compras de todos os seus compañeiros e compañeiras. Traballaron as sumas e as restas dunha forma diferente. O pasaron moi ben.






Facendo as primeiras compras

A Sra Paula, a tendeira atendendo a Zaira.



Facendo pan

Hoxe todos os nenos e nenas elaboraron o seu propio pan. Viron que ingredientes leva, fixeron a mestura, amasaron a masa, fixeron os seus bolos e barras e, ao final comeron os mesmos co fiambre que trouxeron da casa. QUÉ RICO!.
Tamén levaron a cabo unha investigación paralela sobre o pan. Cando se empezou a facer pan, como se obtén a fariña, qué é un muiño, que é a levadura, etc. Elaboraron un traballo e un piccollage do pan. Foi unha mañá moi productiva.






jueves, 5 de octubre de 2017

Inicio

Este ano con este novo grupo de alumnos/as iniciamos este novo blogue onde iremos subindo todos os traballos que o grupo realice ao longo dos proxectos. Teremos un enlace na páxina web do centro oscreativosdopondal.