miércoles, 29 de noviembre de 2017

Robots

Xa empezamos a montaxe dos nosos robots, os mbots. O alumando de 4`, 5` e 6` de primaria do centro conxuntamente levou a cabo a montaxe dos mesmos. En vindeiras datas levaremos a cabo novas actividades cos robots.

Semana de Buxainas

A semana pasada o alumnado do centro tivo a buxaina como centro dos seus xogos de patio, facendo diversas actividades e un campionato final recibindo o seu correspondente diploma acreditativo.

viernes, 17 de noviembre de 2017

Planos

Dentro do contexto matemático e na arquitectura para a robótica estivemos traballando o plano e o deseño de planos a escala.









Aparato excretor


Hoxe Samuel Vega explicounos o funcionamento do aparato excretor, outros dos aparatos implicados no proceso de nutrición.

miércoles, 15 de noviembre de 2017

miércoles, 11 de octubre de 2017

Ultramarinos

Hoxe comenzamos a traballar coa tenda ultramarinos. Os dous tendeiros tiveron que atender as compras de todos os seus compañeiros e compañeiras. Traballaron as sumas e as restas dunha forma diferente. O pasaron moi ben.






Facendo as primeiras compras

A Sra Paula, a tendeira atendendo a Zaira.



Facendo pan

Hoxe todos os nenos e nenas elaboraron o seu propio pan. Viron que ingredientes leva, fixeron a mestura, amasaron a masa, fixeron os seus bolos e barras e, ao final comeron os mesmos co fiambre que trouxeron da casa. QUÉ RICO!.
Tamén levaron a cabo unha investigación paralela sobre o pan. Cando se empezou a facer pan, como se obtén a fariña, qué é un muiño, que é a levadura, etc. Elaboraron un traballo e un piccollage do pan. Foi unha mañá moi productiva.






jueves, 5 de octubre de 2017

Inicio

Este ano con este novo grupo de alumnos/as iniciamos este novo blogue onde iremos subindo todos os traballos que o grupo realice ao longo dos proxectos. Teremos un enlace na páxina web do centro oscreativosdopondal.